O sábado 26 de abril ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras a HOMENAXE A TITO CALVIÑO E PRESENTACIÓN DO LIBRO A CULPA FOI DE ZËNZAR, un evento máis que agardado, orquestado por Laura Rabizal e Xose Anton Bocixa.
Contaremos coa presenza de: Tito Calviño (fillo), Xurxo Souto, Manuel Silveira (12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Xosé Bocixa (Zënzar), Gonzalo Grela (Broa) e Laura Romero (Autora)
E é que, aínda que vos pareza que non, o rock e punk de Cerceda e arredores non sería o que é sen a labor do mítico guitarrista dos Satélites. Que non nos credes? Pois vide! Será unha presentación especial e única.
