Esta xeira realizarase na tarde tarde dun sábado do mes de maio (saída ás 16 horas), polo que os e as intresadas deberan preanotarse…. e , unha vez que o número se complete, avisarase aos mesmos. Actividade que se dedicará a visitar integralmente o histórico Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns).
O pazo foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. De estilo barroco pertence actualmente aos duques de Medinaceli. Foi declarada unha das propiedades de interese cultural da herdanza española, é coñecido coma o Xeralife do Norte ou o Versalles galego debido á gran beleza dos seus xardíns, que ocupan 8 hectáreas de terreo.
O prezo estará en función do transporte e visita. A preinscripoción pode facerse no noso espazo de cultura, Portas Ártabras (Sinagoga 22), ou ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres de 19 a 21 horas.
Visita, que polas súas características e mellor coñecemento, estará sometida a un grupo reducido.


