XOVES 1 DE AGOSTO: CONFERENCIA DE JOSE C. ALONSO ARREDOR DO SEU ÚLTIMO LIBRO DE FOTOGRAFÍAS DA CORUÑA: “ARRASAMIENTO”


O xoves 1 de agosto ás 20 horas, terá lugar unha presentación – conferencia de Jose C. Alonso, na que nos falará das súa última publicación en dous volumes: “ARRASAMIENTO: ALFONSO MOLINA – MONELOS / ALFONSO MOLINA – 4 CAMINOS”

A gran liña recta da avenida Alfonso Molina entre Ponte da Pedra e Linares Rivas responde ás ínfulas propias do réxime ditatorial no que viviamos sumidos. A grandilocuencia xustifica o ARRASAMENTO de dúas grandes áreas do termo municipal sen a máis mínima consideración polas preexistencias.

Na chaira do río Monelos arrásanse pequenas aldeas que, aínda que participasen en gran medida da vida urbana pois moitos dos seus residentes tiñan traballos de cidade, aínda eran moitas as casas que facían do cultivo desas terras o seu modo de vida. Un rico patrimonio etnográfico e toponímico bórrase dunha plumada.

Na zona de Catro Camiños, con todo, “atácase” un barrio de recente creación e con gran puxanza económica. Edificios con apenas unhas décadas de vida con negocios florecentes (os diñeiro que o porto xeraba, movíase por esas rúas) e vivendas de novo cuño son demolidas e os seus usuarios relegados a unha periferia desanxelada que entón constituía o novo Barrio das Flores.

Entrada libre ata completar aforo.

As seguintes imaxes corresponden á zona do río Monelos: unha casa antiquísima de barrio e o terreo despois do arrasamento:

As dúas últimas imaxes corresponden á zona de Catro Camiños. Toda a arquitectura que se ve no primeiro plano desas fotos demoleuse: