O xoves 25 de abril, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación da edición bilingüe de “Fragor do urdido. Fragor de la urdimbre” editado por Belagua. No acto participarám os autores: Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval.
Fragor do urdido é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría, que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega.
Ao remate do acto propoñeremos cantar xuntos “Grándola Vila Morena”.
Entrada libre ata completar aforo.
