XOVES 18 DE ABRIL: AS LEMBRANZAS DOS VELLOS


O xoves 18 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Manuel López Foxo, autor do libro titulado “Os Vellos”. Acto, sobre “AS LEMBRANZAS DOS VELLOS” no que este polígrafo, fondo coñecedor da cultura galega precisamente falará do contido deste seu libro, o que agora, trinta anos despois, reedita a asociación Terras de Ortegal. O asunto vai sobre as lembranzas de homes e mulleres, entón case centenarios e que hoxe xa non están entre nós, pero quedan recollidas as lembranzas das súas vidas, trestemuños do que escoitaron dos seus avós e pais. Asuntos do pasado que son historias persoais e do pobo. Algo que se perde ou transforma, no último século sometido á revolución industrial, agora ás novas tecnoloxías, ás pantallas, así como á Intelixencia Artificial, á uniformización global.

“Os vellos” recolle nove riquísimas conversas realizadas con outras tantas persoas maiores a principios dos 90, nos días felices da súa vellez. Foron feitas desde o respecto, o cariño e a curiosidade que o autor sempre tivo pola memoria vivida, neste caso de persoas moi humildes que tiveron unha vida moi dura nun tempo moi difícil.

Nesta nova edición, moi aumentada, inclúense as conversas completas e fotografías facilitadas polas familias.

No acto, amáis de Manuel López Foxo, participarán Manuel Bouza Mayor, (Presidente da asociación Terras de Ortegal) e o historiador da cultura galega Felipe Senén (Presidente de Amigos dos Museos de Galicia).