O xoves 14 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a crenza de que todo o universo está conectado e que os feitos que teñen lugar no ceo son un reflexo do que ocorreu ou ocorrerá na terra.
A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas das estrelas nas antigas culturas e no cristianismo.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte“.
Entrada libre ata completar aforo.
