XOVES 10 DE FEBREIRO:INTRODUCCIÓN Á HISTORIA DA CULTURA GALEGA


En varias sesións que terán lugar os xoves, a partir do día 10 de febreiro e ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén, tratará aspectos que singularizan a cultura galega. Interaccionará épocas con autores, actores, creadores, tendencias como a celtofilia e a celtofobia en relación co acontecer en Europa e en especial co occidente atlántico. Comezarase por analizar a idea cultura, máis alá das liturxias e do fenómeno comercial ao que hoxe se ve sometida. Entendendo a cultura como un valor de uso, en función das tradicións, das creación e das relacións con outros pobos, como sulución a problemas que presenta o espazo, o tempo e mesmo a convivencia, o acontecer histórico. Clases que serán acompañadas de imaxes. Acompáñanos pra comezar e seguir na rolda.