O vindeiro xoves 13 de febreiro ás 20 horas, en Portas Ártabras terá
lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas contunuará falando sobre A RELIXIÓN E O PODER na Arte.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar a estreita relación que mantivo a divindade cos monarcas da Antigüidade e de como se utilizou esta relación para consolidalos no poder. Deus coroaba aos reis e estes chegaban ao poder pola graza de Deus.