O xoves 11 de xullo ás 20 horas. terá lugar en Portas Ártabras (Sinago
ga, 22 – A Coruña) unha nova conferencia do enxeñeiro José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que expoñerá a evolución da medicina ao longo de catro milenios e sobre todo, do permanente enfrentamento entre a razón e o sacro.
A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes.
Entrada libre ata completar aforamento.