Ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" , impartida polo arqueólogo Felipe-Senén, a segunda conferencia sobre o tema "ORIXES E ORIXINALIDADE DO ENTROIDO EN GALIZA", recorrido polo almanaque festivo e as variedades e competencia de máscaras e folións. Algo que a pesares da uniformidade global, recupera os diferentes aportes históricos, os que fan de Galiza un verdadeiro paraiso, non só etnoarqueolóxico, de cultura material e inmaterial, senón unha rica fonte de inspiracións da que non somentes beberon os creadores de formas autóctonos, senón mesmo deseñadores da moda internacional. Explicacións que, como é costumbre serán guiadas de imaxes, adentrándose en carácterísticas, así como nas diferentes influencias, as que poñen a proba a Galiza como un país de confluencias, de xente viaxeira, que leva e que trae pra incorporar a súa cultura. Parladoiro que terá a súa parte práctica o 3 de marzo, Domingo de Entroido, visitando "in situ" e en directo o Entroido máis significativo da provincia de Ourense, poñendo en marcha todos os sentidos, a gastronomía tamén, música, colorido…