Categoría: Outras actividades


O xoves 11 de novembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a actuación musical de Amparo e Roger Arias "STRANGE MISTERY FLOWER sing William Blake" "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias. Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. Eses escritos místicos e visionarios, que xiran en torno aos anhelos máis íntimos e fondos do [...]

O xoves 9 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Adela Figueroa Panise "AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA", editado por Laiovento. No acto, ademáis da autora participarán: Carmen García Rodeja; voceira da ARMH (Asociación da Recuperación da Memoria Histórica) en Galicia, Isabel Mao; descendente dunha das mulleres a que se fai referencia no libro, Felipe - Senén; Presidente de Amigos dos Museos de Galicia e Xurxo Souto animará o acto coas s [...]

VIAXE A TERUEL E Á SÚA SERRA: 20 - 26 SETEMBRO 2021 TERUEL. ARTE,HISTORIA, CULTURA E PAISAXE CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA Retomamos, con prudencia a nosa tradición viaxeira e facémolo abrindo aos contrastes que ofrece o outono. Tratamos de recuperar así o que quedou pendente un ano atrás e facémolo cunha xeira familiar, guiada dende unha óptica humanista, e divertida por canto significa a provincia de Teruel. Comarcas modélicas na interacción paisaxe-paisanaxe e que marcan diferenzas na xest [...]

O xoves 1 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, A Coruña) a presentación de "El Parque del Pasatiempo en Betanzos". É preciso reservar no 630930298. Este libro, realizado por tres membros da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, percorre a biografía dos García Naveira e da súa creación máis senlleira, o Parque do Pasatempo. A través das súas páxinas poderemos contemplar o esmorecemento deste lugar declarado Ben de Interese Cultural no 2020. Ademais, conta cun [...]

O xoves 13 de maio, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do álbum ilustrado "Nación Mar" de Xosé IglesiasNo acto falarán Xurxo Souto e o representante da editorial Bululú Xosé Duncan, ademais do propio autor do libro. Aforo limitado, e preciso reservar no teléfono: 630930298 Xosé Iglesias Lamela, Cée, Costa da Morte 1974 é un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó , e toda unha vida tendo o océ [...]

O xoves 6 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación de "Lugar de Incendios", de Paco Souto e Serxio Moreira. Aforo limitado, é imprescindible reservar plaza no 630930298 O recital:Os recitais-presentación de Lugar de incendios consisten na posta en escena do recital concibido por Paco Souto e Serxio Moreira contando coa participación de figuras diversas da literatura galega actual poñendo voz aos textos de Paco Souto. Nesta ocasión contamos coa participación de Sonia And [...]

O xoves 15 de abril ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do último libro de Xurxo Souto: "O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS". Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso reservar no teléfono 630930298. Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se ll [...]

O xoves 8 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Pastora Veres: "Lareira de Soños" No acto intervirán Felipe Senén, historiador e museólogo, presidente da Asociación de amigos dos Museos e a autora do libro, Pastora Veres. Lareira de soños condúcenos a lugares que nos nutren, lugares onde temos as primeiras emocións, sensacións e experiencias universais únicas, sitios cos que temos unha conexión emocional profunda e as nosas raíces inalterables. Lareira de [...]

Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados...en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na o [...]