Xesús expulsando da cidade aos leóns que atemorizaban ás xentes. É o folio 8 do Evanxeliario de Klosterneuburg que se conserva en Schaffhausen (Suíza). O xoves 12 de febreiro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte".Nesta ocasión, José Luis García Dornelas expoñerá un centenar de obras de pintura e escultura para comentar algúns textos apócrifos que describen de forma fantasiosa a infancia de Xesús, retratándolle cunha personalidade c [...]
O mércores 11 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, Pilar Pallarés presentará "CONTRA HUMANA PARTE", poemario editado por Espiral Maior. Amais a autora, participarán no acto: Miguel Sande (Poeta e escritor) e Miguel Anxo Fernán Vello (Director de Edicións Espiral Maior) Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) converteuse desde os seus dous primeiros libros, “Entre o lusco e fusco” (1979) e “Sétima soidade” (1983), nunha figura referencial da poesía galega contemporánea. Nesa posición consolidous [...]
O xoves 29 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" terá lugar unha nova conferencia do arqueólogo e historiador da cultura galega, Felipe-Senén, titulada: "INTRODUCIÓN AO ENTROIDO EN GALICIA". Tras a conferencia do pasado xoves, continuaremos o recorrido polo almanaque festivo, as variedades, rivalidades e competencia de máscaras, folións, músicas, cantos, habilidade artesanal na confección de máscaras e traxes... Herdo tradicional con aportes prehistóricos, celtas, romanos, [...]
O xoves 22 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en "Portas Ártabras" terá lugar unha conferencia do arqueólogo e historiador da cultura galega, Felipe-Senén, titulada: "INTRODUCIÓN AO ENTROIDO EN GALICIA", recorrido polo almanaque festivo, as variedades, rivalidades e competencia de máscaras, folións, músicas, cantos, habilidade artesanal na confección de máscaras e traxes... Herdo tradicional con aportes prehistóricos, celtas, romanos, medievais e as incorporacións actuais e mesmo creativas de ca [...]
O mércores 21 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da Antoloxía poética de Xavier Rodríguez Baixeras: "Memoria, poesía selecta 1981 - 2023", editado en bilingüe por Dilema. O autor estará acompañado por Eva Veiga e Luciano Rodríguez.Entrada libre ata completar aforamento.
O xoves 15 de xaneiro ás 19:30 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do fotolibro "OS OLLOS QUE VEN O TEMPO", con fotografías de Carmen de Miguel e poemas de Emma Pedreira. As autoras estarán acompañadas polos músicos Juan Jove e Javi López. No libro se tratan as baixantes de auga de Coruña vistas dende unha perspectiva abstracta e imaxinativa. Entrada libre ata completar aforamento.
Editorial Dilema publica, na súa colección Antologías e en edición bilingüe, tres libros de tres dos poetas galegos máis significativos do noso tempo: Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras e Xavier Seoane. Isto supón, por unha banda, o recoñecemento a tres obras singulares e, por outra, a posibilidade de que o seu ámbito de irradiación lectora se amplíe a todo o espazo hispanofalante. Pertencentes á mesma xeración poética e vital, Álvarez Cáccamo, Rodríguez Baixeras e Seoane seleccionaron [...]
O vindeiro día 13 de xaneiro o enólogo, investigador e divulgador Alfonso Losada Quiroga pronunciará unha palestra co título: “Denominacións de orixe dos viños de Galicia: a importancia das variedades autóctonas”. Data: 13 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Alfonso Losada é natural de Tuiriz e na actualidade reside en Ourense. Funcionario de carreira da Xunta de Galicia, a súa formación académica é de Enxeñeiro Técnico [...]
O xoves 8 de xaneiro, ás 20:00 horas, Portas Ártabras acollerá unha nova sesión do ciclo "Paganismo e Cristianismo na arte". Nesta ocasión, José Luis García Dornelas expoñerá un centenar de obras de pintura e escultura para comentar os motivos polos que os Magos de Oriente vanse transformando ao longo dos séculos ata converterse finalmente en Reis. Entrada libre ata completar aforamento. Misal de Salzburgo (Clm 15708 I, fol. 63) que se conserva na BSB de Múnich
O venres 19 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), a presentación do último libro (edición bilingüe) de Emma Pedreira titulado "Inventaria. Poesía reunida 1999 - 2009", editado por Boulevar Libraría - Edicións. Amais da autora, participará no acto Inma Doval Porto (artista multidisciplinar). "O uso dunha ironía claramente mordaz, a creación dunha linguaxe arrequentada e única, así como a innovación lírica son, sen dúbida, os trazos que mellor definen In [...]