Categoría: Conferencias


Ás 20 horas no noso espazo de cultura, "Portas Ártabras", Felipe-Senén introducirá á significación desta xornada e á dedicación  proposta polo ICOM para este ano "MUSEOS INTERCONECTADOS, ENFOQUES NOVOS, PUBLICOS NOVOS". Si ben, previamente, farase un paseo polo estado da cuestión dos museos galegos, os máis deles sometidos e limitados pola falla de espazo e de persoal facultativo para  cumpri [...]

O mércores 2 de maio, ás 20 horas en Portas Artabras a coñecida guía teheraní en idioma español, Masha Zandi, fará un recorrido polo pasado de Persia e o Irán de hoxe. Teheran, Shiraz, Yazd, Isfahan, Kerman, o deseto de Lut, Bam... os xacementos arqueolóxicos  de Sirlik, Persépolis, Pasagarda,  Naqshrustam, Masad, entre outros serán os puntos  aos que se fará referencia: arqueoloxía, arte, e [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar unha charla que versará sobre un aspecto en concreto do proxecto "Fluxos": a relación paisaxística entre a barriada de Os Castros e o centro histórico da Coruña (Cidade Vella, "Pescadería"). Contemplación mutua que se ejemplifica tanto na apertura do Xardín de San Carlos como do Paseo do Parrote e que culmina coa construción do Miradoiro de Vos Castros [...]

Ás 20 horas presentarase en Portas Ártabras o cartel de cego sobre o ROMANCE DE DON GAIFEROS, obra da autoria do debuxante Perico Castro. Acto no que será acompañado ao violín por Xavier Cedrón Fernández. Trátase dunha sintética banda deseñada, pra enxergar a pulo dunha soia  ollada. Obra  inspirada na tradición dos cantares de cego e cordel que caracterizaban as feiras e romarías de Galicia. [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras o arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Xosé Manuel Casabella, impartirá unha conferencia sobre o arquitecto pontevedrés Alexandre de la Sota (1913-1996) formado no ambiente cultural da forecente Pontevedra dos anos previos á guerra civil,  sobranceiro alumno de Castelao, quen viu nel aptitudes  que non perdería nunca para sintetizar trazos e facilidades p [...]

Como é  costume ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras  e en acto organizado pola Asociación Cultural "O Facho", Felipe-Senén, arqueólogo e museólogo, presidente de Amigos dos Museos de Galicia, dará unha conferencia sobre "O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO AUSENTE". Tratarase dun repaso sobre  coleccións, obras de arte feitas en ou para Galicia  e que foron expoliadas, perd [...]

EN PORTAS ÁRTABRAS: CONFERENCIA: “ORIXES DO CRISTIANISMO”  O xoves 12 de abril, ás 20 horas. Amigos dous Museos de Galicia organiza unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que analizará como se reflicten na arte os primeiros relatos cristiáns. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura.

O venres 16 de marzo ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do novo poemario de Ramona Giraldez titulado "Tardes de Domingo". No recital de poesía e múscia ademáis da autora participarán: Luz Arufe (ilustradora) e Leticia Eirin (profesora  da UDC), así coma os músicos: -Los Invisibles -Irene Cerqueiro -Pablo Mera ENTRADA LIBRE