O xoves 9 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, na que analizará as influencias mesopotámicas do relato de Noé e o Diluvio, e de como estas reflectíronse na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte” Entrada libre ata completar aforo. Ilustración dun manuscrito m [...]
O venres 20 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22 - A Coruña) o recital multidisciplinar do GRUPO OURIOL: "DE AMOR E MORTE", con poemas de vari@s autor@s celebrando 20 anos de Poesía, Música e Pintura. Música: Bernardo Martínez e Fito Ares / Imaxe: Alfonso Costa / Recitación: Eva Veiga Celebraremos tamén coa xentileza de Queixo Bama e Adega A Corga. Entrada libre ata completar aforo.
O martes 17 de decembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña) Alberto Valín Fernández presenta: "MASONERÍA Y CONSPIRACIÓN LIBERAL EN ESPAÑA. A CORUÑA,UN EJEMPLO PRIMORDIAL Y PARADIGMÁTICO" O acto, amais do autor contará coa participación de: Xurxo Lobato e Felipe - Senén. "Masonería y conspiración liberal en España es una obra que refleja, paradigmáticamente y partiendo del arquetípico ejemplo coruñés, cómo se desarrolló históricamente la masonería española desde su nacimient [...]
O sábado 14 de decembro ás 19 horas en Portas Ártabras e dentro dos actos organizados no 19 Ciclo Coros Galegos Cántigas da Terra, terá lugar a palestra do historiador da cultura galega Felipe Senén GALIZA E O PANCELTISMO. Conferencia na que se explicará a historia da cuestión "céltica" en Galiza, as disputas entre a celtofilia e a celtofobia, así como as teorías panceltistas da xeración Nós que se miraban no espello irlandés: celtismo na literatura, nas formas artísticas, na música, na relixión [...]
O venres 13 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, - A Coruña) a presentación do libro do pintor e escritor Javier Mareas: "LOS ORÍGENES GAÉLICOS DE TARTESSOS". Amais do autor intervirán no acto Felipe Senén, arqueólogo e escritor e Xurxo Souto, cantante, escritor, actor e director.O libro lanza nova luz a máis dun século de procura das orixes de Tartessos, o primeiro reino mitolóxico peninsular, que ata o de agora se explicaba pola mestura, a finais da idade de bron [...]
O xoves 12 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a representación da alma na arte.A charla apoiarase na proxección de máis dun centenar de imaxes mostrando que a alma permanece inmutable tras a morte, para que así poida ser premiada ou castigada eternamente en función do comportamento que tivese na vida.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Pagan [...]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicamos-vos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2024. O vindeiro dia 10 de decembro a arquitecta e paisaxista María Fandiño Iglesias impartirá unha palestra co título: “Paisaxes de encontro: o deseño do espazo público dende o territorio” Data: 10 de decembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña María Fandiño Igles [...]
O xoves 5 de decembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia O MODELO PONTE…NAS ONDAS! DE BOAS PRÁCTICAS CO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL, na que contaremos coa presenza de Santiago Veloso presidente da asociación Ponte…nas ondas! que nace no ano 1995 para cubrir a necesidade de tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses, dous pobos que comparten historicamente unha mesma cultura inmaterial que aínda hoxe permanece viva e que en moitos aspectos s [...]
O venres 29 de novembro ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación da edición con estudo crítico realizado por Felipe Senén do libro de Vicente Risco: "DOUTRINA E RITUAL DA MOI NOBRE ORDE GALEGA DO SANCTO GRAAL - A ESTRELA DO APOSTOLO" No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, opera de inspiración celto-cristiá, que o filósofo, dinamizador, creador de irmandades e seminarios... considera como arte suprema. E velaí a inspiración enredada en fonduras celtas e [...]
O xoves 28 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), o polifacetico escritor, actor e guionista Suso Lista pronunciará a conferencia titulada: "CORME NA HISTORIA".Un breve recorrido pola historia de Corme e das súas xentes desde a prehistoria ata o século XX. Paisaxe e paisanaxe, de xentes do mar como o almirante Mourelle, Mosqueira Manso, Fernández Saleta... artistas como Pailós e a fundación Torres Pujales... a importancia do encaixe, da navegación a vela e do sala [...]