Actualidade


Está aberta a inscripción para sumarte a esta xeira a Ourense. Actividade pensada pra tempo invernal, especialmente para coñecer o Museo e o Belén artístico de Arturo Baltar, un dos "Artistiñas", dos que na taberna de "o Volter", con Quessada, os irmáns de Dios, Buciños, Virxilio, Conde Corbal, Acisclo... compartía tertulia con Risco, parolando arredor da "Arte Galega". Continuando cunha visita especial [...]

O xoves 13 de decembro  ás 20 horas José Luis García Dornelas,  pronunciará unha nova conferencia dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que comentará escenas pouco coñecidas da vida do rei David e de como estas se reflectiron na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar miniaturas de manuscritos que servirán para comentar como se interpretaron os textos para converter a un monar [...]

Fotografías do acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2018 ao "Centro de Estudios Manuel Chamoso Lamas" de O Carballiño. No acto estiveron presentes: o Alcalde do Carballiño Francisco Fumega, Xosé Luis Sobrado, Presidente do Centro de Estudos Manuel Chamoso Lamas e Felipe Senén López presidente de Amigos dos Musoes de Galicia.  A etrega tivo lugar en Portas Ártabras o venres 23 de novembro do 2018.

Ás 20 horas no noso espazo de cultura  “Portas Ártabras” o historiador e presidente do  Centro de Estudos Carballiñeses, “Manuel Chamoso Lamas” o profesor Xosé Luis Sobrado, acompañado de membros do mesmo,  recibirán o “Premio Pedra do Destino 2018”, que Amigos dos Museos de Galicia acordaron conceder a este colectivo  pola súa constancia, estudo , divulgación e posta en [...]

A creadora galega, Lola Vivero, formada en París presenta en Portas Ártabras e durante o mes de Novembro e Decembro una selección da súa última obra pictórica e fotográfica. Trátase de obra de pequeño formato realizadas en técnica mixta (acrílico e óleo). Particular interpretación de paisaxes rurais e urbanas que  asumindo a confluencia dos “ismos” do noso tempo, do impresio [...]

O xoves 11 de outubro ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar unha nova conferencia de José Luis García Dornelas, dentro do ciclo “Paganismo e relixión na arte”, na que se analizarán as distintas visións que se ofrecen de Abraham; o xudaísmo, o cristianismo e o islam, e de como estas se reflectiron na arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura..

Xa temos pormenorizado o programa da viaxe a Milán e os seus arredores. Con esta seguimos a exitosa iniciativa de levar a un grupo, en tempo de inverno, próximo ao Nadal, a coñecer os interiores dunha das capitais da moda do mundo, encendida nas súas mellores galas. Pero tamén adentrándose nas súas singularidades históricas, artísticas, culturais: ópera, a Santa Cena, os palacios, os castelos, os museos da moda e da costu [...]

Xa está a disposición de que o desexe o programa desta intensa viaxe á cidade de Oporto e ribeiras do Douro. Un xeito de adentrarse integralmente na vida, na historia e na cultura desta rexión modélica pola xestión dos seus recursos culturais. Visitas a museos de artesanías, arte antiga e contemporanea, pazos, castelos, templos, mosteiros, recintos arqueolóxicos, sen faltar as máis famosas adegas e casas de creadores e literatos [...]