Viaxe intensamente cultural para penetrar nas esencias máis enxebres dunha festa ancestral en relación co inicio da primavera, o Entroido, e nada mellor que escoller as terras ourensanas e transmontanas. Aberta xa a inscripción. Saída o domingo de Entroido ás 8 da mañán dos lugares de costumbre. Seguindo o Sil cara a Quiroga, a Rúa e terras do Bolo, co Santuario das Hermidas. En Viana do Bolo veráse o tradicional desfile d [...]
Previa a inscripción, esta xeira partirá ás 15 horas da parada de autobuses do Sporting Casino (inmediata ao Obelisco), en dirección a Pontevedra , Poio, a fin de visitar de xeito integral a Escola de Canteiros, en plenas horas de clase e funcionamento: aulas de análise de pedras, química, aulas de debuxo ao natural, biblioteca, talleres, maquinaria auxiliar, instrumentos... experiencia en construcción de bóved [...]
Ás 20 horas no noso espazo de cultura "Portas Ártabras", Felipe-Senén fará un recorrido polas actividades do noso colectivo ao longo do almanaque do ano 2020. Entre outras que iran nacendo segundo as circunstancias. "Portas Ártabras" é o punto de partida, un espazo aberto ao diálogo, á tolerencia e moi especialmente a canto significa a cultura e dende o que se proxectan ao camiño outras actividad [...]
O vindeiro xoves 9 de xaneiro ás 20 horas, no local da “Asociación Amigos dos Museos de Galicia” terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre A RELIXIÓN E O PODER. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar a estreita relación que mantivo a divindade cos monarcas da Antigüida [...]
Ás 20 horas Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2019, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2020. Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.
O próximo xoves, en Portas Ártabras , o fotógrafo, poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, expoñerá as suas fotos de pupilas abisais. Momentos e movementos oceánicos plasmados xa no papel fotográfico. Mar en estado puro, coas súas historias contadas da voz de un mariñeiro da Galiza. Presentará o acto Felipe Senén. A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro de 2020.
Ás 20,30 no noso espazo de cultura "Portas Ártabras", o escritor e traductor Xoán Abeleira presentará a traducuón realizada por il de "Porca Terra" do escritor , guionista de cine e pintor londinese John Berger (1926). Creador cunha rica vida cargada de experiencias, na Segunda Guerra Mundial, alumno do Henry Moore. Decide cambiar a vida urbana por unha aldea dos Alpes franceses, deixa a pintura e dedícase a escribir... [...]
Derradeira xeira do ano 2019 que nos levará polos "locus amoenus", os inspiradores e amados lugares para o poeta Manuel María. Excursión seguindo os textos literarios deste creador literario que foi un dos grandes e incondionais amigos do noso colectivo. Visita en Outeiro de Rei á "Casa de Hortas", hoxe Casa-Museo gardadora das esebncias do chairego, os arredores: o Campo de Santa Isabel, as Penas de Rodas... o [...]
O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20 horas, en Portas Ártabras, terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas comentará os últimos avances filolóxicos aplicados aos códices que describen o Nadal. A charla acompañarase coa proxección de medio centenar de imaxes que mostran como as diferentes interpretacións do texto [...]
VÍDEO DA NOVA ESCULTURA DE PEPE GALÁN EN PORTAS ÁRTABRAS: