Cando se fala á lixeira de crear museos, de musealizar e de plans expositivos, non sobra seguir a explicar o que é un museo e a museoloxía como ciencia da xestión destes centros. Museos dque se prentende de actores máis que de espectadores, en función da ética e da estética, tamén das novas tecnoloxías: centros para informar e formar, en constante evolución . E sabemos que non é fácil crear un museo real – fronte ás campantes virtualidades - con canto aquel implica de continente, de contidos e d [...]
Sorprendentes paisaxes graníticas, área de gran riqueza arqueolóxica i etnográfica, a máis das solemnes mansións de emigrantes a Centroamérica. Podés anotarte chamando ao tfn. 630930298 ou no mesmo espazo de Portas Àrtabras ( no horario diario de 19:00 a 21:00)
Iniciamos - para os xoves - unha serie de documentais e tertulias con especialistas sobre o que sofren nas contendas os arquivos, bibliotecas, museos, coleccións, así como monumentos urbanos ou edificacións singulares da tradición. Actos que teñen lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22) ás 19:45.
O xoves 30 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22- A Coruña) terá lugar a conferencia do Doutor e Profesor de Historia Antiga da USC Francisco javier González García titulada: "O CABO E O PORTO DOS ÁRTABROS. RELENDO A COSTA GALEGA NA ANTIGÜIDADE." BREVE CURRICULUM: Francisco Javier González García (A Coruña, 1964). Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor Titular de Historia Antiga no Departamento de Historia da USC e Investigador do Grupo Síncrisis. Inves [...]
Nesta semana Amigos dos Museos de Galicia, desenvolve unhas xornadas sobre TRADICIÓNS ROMANAS EN GALICIA, centradas cunha conferencia en Portas Artabras, Sinagoga, 22, (xoves 23 de xuño, ás 20 horas) e o domingo 26 de xuño, cunha xeira a fin de coñecer aspectos da area arqueolóxica romana das Médulas e do Sil, así do seu patrimonio inmaterial, como son os ritos, do solsticio, os do San Xoán . Información Amigos Museos G. 630930298
O sábado 2 de xullo con saída ás 16:00 horas terá lugar a visita ao Pazo do Faramello, organizada por Amigos dos Museos de Galicia. As persoas interesadas en participar na xeira que se dedicará a visitar o Pazo do Faramello (Rois) e as inspiradoras "Orillas do Sar" (Padrón/ Brión), entre outros puntos vencellados á vida da familia Murguía Castro, poden preinscribirse dando nome e tel´éfono no noso espazo de cultura, Portas Ártabras (Sinagoga 22) ( ou aos tfns.- 630930298/ 981210101. Visita, que [...]
O xoves 16 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Miguel Calvo Santos (Licenciado en historia da arte pola universidade de Santiago e licenciado en Belas Artes pola universidade de Vigo) "FRANCISCO DE GOYA - EL TIEMPO TAMBIÉN PINTA". Unha entretida e emocionante viaxe pola obra e vida de Goya.Ademáis do autor participan no acto: Luis Gorrochategui Santos (escritor e historiador), José Luis Pardo Caeiro (escritor) e José Jacobo Ríos (escritor).Actuarán as pa [...]
Dentro desa ansia que nos aguilloa dende os fins de Amigos dos Museos de Galicia, noso colectivo ofrece unha serie de publicacións realizadas a través do tempo e conforme ás posibilidades. Libros de carácter divulgativo sobre temas moi diversos da cultura, tentando abrir portas a máis amplos estudos, a visitas ou a ampliar os coñecementos. Publicacións moitas delas realizadas, especialmente, co aporte da Deputación da Coruña ou doutras institucións, xunto cos da nosa asociación e coa [...]
O domingo 26 de xuño realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade. E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira vez non esquecer´án este día e [...]
O xoves 9 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas retoma o ciclo "Paganismo e Relixión na Arte" cunha conferencia arredor das: "DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA BARBARA, SAN JORGE, SANTA LUCÍA Y SANTA CATALINA EN EL ARTE" Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultu [...]