Actualidade


Está aberta a inscripción para participar nesta singular xeira que se realizará o domingo 26 de maio por terras da Limia, o Val do Salas ,a carón da Serra de Larouco, con atención moi especial ao célebre Couto Mixto coas parroquias de Santiago, Meaus e Rubiás. Territorio privilexiado pola igrexa e os gobernos, para ser microestado independente. Terras de singulares arrieiros, traficantes entre Galicia e Portugal, consevándose a arca de tres chaves que contén os seus previlexios... Viaxe a fin de [...]

O xoves 23 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras un parladoiro coordinado polo escritor Lois Diéguez titulado "TI, NÓS, PALESTINA". Conversa participativa, reivindicativa do humanismo, arredor dos feitos despiadados e dramáticos que acontecen nese Oriente Fértil, orientación e orixe de tantas cousas, onde mesmo naceu o Verbo, a Lei... que presupón acordos. Cando nada se parece ter aprendido na Historia, despois de tanto andado, por esta nosa sociedade agora adicta ao consumo, esclav [...]

Nesa  continua construción dun almanaque civil global, o que traspapela ao santoral e desconcerta á beatería, dende 1977 o Consello Internacional de Museos (ICOM) estableceu cada 18 de maio como “Día Internacional dos Museos”.  “Días” ideais, como un xeito  de endomingar a cultura, de edulcorala e encápsulala nun folión de fastos. Aproveitarase entón a convocatoria para cavilar no estado da cuestión das novas advocacións. Non cabe dúbida que todo entra nun proceso de cousificación da cultura, so [...]

O mércores 22 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do poemario de Ana López titulado "Dispersión" editado por Endymión. Presentará Olga Patiño Nogueira (poeta e prologuista). O acto contará con acompañamento musical. Este poemario móvese na atmósfera desestabilizadora da bruma, é unha perigrinaxe íntimacoa luz e contra a luz á procura dunha transparencia que perfore a opacidade dunha multitudealienada.Os poemas que compoñen este libro son o fluxo e o refluxo dunha o [...]

Dende a súa instauración no ano 1977 polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), Amigos dos Museos de Galicia aproveitamos tal convocatoria de cada 18 de maio para afirmar os fins do noso colectivo arredor desas institucións que poñen a proba o estado cultural dunha colectividade, os Museos. Sempre en devalar, en función da madurez cultural dos pobos e mesmo das novas tecnoloxías, as que deben facilitar un maior acercamento: o museo dos actores fronte ao museo dos esp [...]

O xoves 16 de maio, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), a presentación do libro "Romanceiro do Pedregal de Irimia" de Xosé Otero Canto, editado por Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira. O acto contará coa participación de: Felipe Senén, arqueólogo e escritor Oscar Calvo de Radio Roncudo e Radio Pardiñas Alfonso Blanco Torrado, Coordinador Asociación Xermolos. Xosé Otero Canto, autor. Estades todas e todos convidados.

Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos  a celebración  do seguinte acto, dentro das palestras públicas do segundo trimestre de 2024. O vindeiro dia 14 de maio a profesora e escritora Pilar García Negro, impartirá unha palestra co título: ” Luisa Villalta : Devir galega” Data: 14 de maio, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña Pilar García Negro é unha destacada lingüista e profesora ga [...]

Anunciamos que o domingo 12 de maio realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade. E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira [...]

O xoves 9 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre os estilos arquitectónicos imperantes en Europa e a súa repercusión na Colexiata de Santa María da Coruña. Ademais, tratará de analizar o simbolismo de dous das súas portadas, rastrexando os seus precedentes noutros lugares e culturas. Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na art [...]