Actualidade


O domingo 6 de outubro terá lugar esta xeira especial na que sairemos ás 8:00 da Coruña e que nos levará polo Mar de Pontevedra e que inclúe unha detida visita por terras de Poio e de Santa Trahamunda, patroa dos emigrantes, á tan pintoresca vila mariñeira de Combarro. Viaxe con xantar enxebre, mariñeiro, e paseo marítimo pola mítica e histórica illa de Tambo. Pola tarde, recorreremos esta beiramar e visitaremos o Castro da Lanzada, a Torre e a igrexa de Santa María, tan na devoción das mulleres [...]

O xoves 3 de outubro, ás 20 horas terá lugar a conferencia - presentación arredor do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro" do xeólogo Oscar Pazos. Segundo din algúns, cada ano a Asturica con Gallaecia e Lusitania producen vinte mil libras, disque a maior parte a Asturica. Ningún lugar do mundo mantén de tantas xeracións atrás tal fertilidade. . Plinio. Historia Natural. O gran ciclo mineiro do ouro galaico-romano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxic [...]

O vindeiro xoves 19 de setembro ás 19.00h o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Rua Real 14, Corme) acollerá unha conferencia única e de gran importancia no labor que a Asociación Cultural Insua de Viastela está a facer para poder identificar e preservar os restos do pecio da Arnela.Contaremos coa participación de Xabier Agote, presidente e fundador de ALBAOLA, entidade recoñecida internacionalmente e especializada en salvagarda e construción de embarcacións históricas. No seu estalei [...]

Os xoves 19 e o 26 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras abrirase a un ciclo sobre OS EXOPLIOS DE ARTE EN TEMPOS DE GUERRA. Documentado recorrido a través de imaxes e terstemuñas que trata de informar e formar sobre este drama, e que, a pesar de tantas malas experiencias acumuladas - véxase o ocurrido na guerra civil de España, co nazismo en Europa, guerras nos balcáns, Siria, Iraq... etc - continúa a ser unha ameaza e proba de que pouco se ten evoluido no sentir humanista fundamentado na [...]

Desde a Agrupación Cultural O`Facho vos comunicamos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2024. O vindeiro dia 17 de setembro o autor, editor e produtor cultural Manel Cráneo impartirá unha palestra co título: “MÁIS DE 50 ANOS DE BANDA DESEÑADA GALEGA NON É POUCO” Data:17 de setembro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña O autor falará dalgúns dos fitos esenciais que marcaron a historia [...]

O Sábado 14 de setembro realizaremos unha saída de tarde, de 16 horas a 22 horas a fin de visitar o Castelo de Moeche, situado na parroquia de San Xurxo, construído no século XIV. Tamén nos achegaremos ao Castelo de Naraío, pertencente ao Concello de San Sadurniño que tralo seu abandono no século XVII chega aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pé do río Castro. Fortalezas fondamente vencelladas a sobranceiras figuras, como Gonzalo Piñeiro, Alonso de Lanzós ou a Roi Xordo, ás rev [...]

O xoves 12 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre a relación que tiveron os antigos deuses co viño, e da influencia que exerceron sobre o cristianismo.A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.Entrada libre ata completar aforo. Deus hitita representado en unha roca de Iv [...]

O xoves 5 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección da segunda parte do documental "TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO - O PURGATORIO" arredor dun dos escultores contemporáneos galegos máis internacionais: Francisco Leiro. Contaremos coa presenza de Aser Álvarez, director e productor deste premiado documental. Film do 2016 producido por Arraianos sobre os traballos e os días de Francisco Leiro que non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da obra, [...]

O xoves 29 de agosto, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a proxección dun documental arredor dun dos escultores contemporáneos galegos máis internacionais: Francisco Leiro. Introducido por Felipe Senén. Este documental sobre os traballos e os días de Francisco Leiro non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da obra, senón simplemente mostrar cales son as condicións físicas e mentais do proceso de creación deste escultor na actualidade. É a primeira vez que un equipo d [...]