O sabado 5 de decembro terá lugar esta xeira que nos levará ao longo das terras do Morrazo (orixinariamente programada para o domingo 29 de novembro, data mudada por mor das eleccións). Visitando os petróglifos de Mogor, os acubillos do cabo Udra, o Igrexario do Hío, co seu templo, cruceiro e casa reitoral… e un singular recorrido pola beiramar da Vela até o facho de Donón co célebre santuario galaico romano de Deo Vero Breo, unha divindade indíxena, quizais asociada con Hércules (Briareo na Odisea) e mesmo poida que onde radique a orixe da lenda de Breogán… E sempre ás portas de Pontevedra, cidade con tanto que ofrecer neste tempo outonal. Sen faltar, como xa nos caracteriza, o xantar enxebre.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.

