DOMINGO 28 DE XUÑO, XEIRA A TERRAS DE GRANDAS DE SALIME: ARQUEOLOXÍA, ETNOGRAFÍA…


Está aberta a inscripción a esta xeira excepcional, a que terá lugar o domingo 28 de xuño e que nos levará ás terras asturianas de Grandas de Salime..

Trátase dunha excursión cultural diferente polas terras de Castroverde, a Fonsagrada… e os bordos dos Oscos nos meterá en Grandas de Salime, a fin de coñecer intensivamente o seu Museo Etnográfico, referente entre este tipo de centros, obra do saber e a constancia do entrañable “Pepe el Ferreiro”, que foi gran amigo do noso colectivo, modelo na reivindicación patrimonial e polo tanto cultural da súa terra asturiana. Amais visitarase o Museo e o castro do Chao de Samartín e o Museo da Fonsagrada.

Non faltará o xantar enxebre desta terra, a que comparte tanta historia coa de Galiza… algo do que se falará ao longo de tan interesante itinerario. Non faltes… e apúntate xa en Portas Ártabras ou chamando de luns a venres de 19 a 21 horas ao 981210101.