DOMINGO 14 DE XUÑO: XEIRA ÁS TERRAS DE LALÍN, DOADE E A SÚA CASA DO PATRÓN


O domingo 14 de xuño, realizaremos unha xeira especial para o tempo de verán e que nos levará a terras montesías de Lalín. Visitando o conxunto da Casa do Patrón, en Codesedo, Doade, casal que comprende unha importante colección etnográfica vencellada ao mundo labrego. Experiencia museística activa, propia dun ecomuseo, con mallas, celebración festivas, gastronomía, parladoiros, etc. Visita que se complementará coa explicación do inmediato castro, xacemento da idade do Ferro, cunha pequena parte escavado e restos que se mostran no museo.

Xeira complementada cun recorrido polas inmediacións de Lalín e Agolada, ricas en arqueoloxía e románico. E como sempre non faltará un xantar enxebre popio destas terras, as que ben saben celebrar a súa gastronomía. Esperámoste.

Podes anotarte entón en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.