
Este luns 18 de maio Día Internacional dos Museos, ás 20 horas en Portas Ártabras teremos un acto no que reflexionaremos sobre o papel dos museos hoxe, fronte á idea confusa de que a calquera exposición ou reunión de cousas se lle chama museo. Acto guiado por Felipe-Senén e ao final do que, como noutras ocasións darase a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2026, como sempre dedicado a aquelas persoas colectivos ou museos preocupados na salvagarda e difusión do patrimnio cultural de Galicia.
Dende 1977 o ICOM ven celebrando cada 18 de maio como Día Internacional dos Museos. Dende isa mesma data o noso colectivo aproveita tal xornada para sensibilizar sobre estas institucións abertas ao público, que acopian, conservan, estudan, documentan, expoñen e divulgan aspectos da vida, da cultura dos seres humanos, con fins de igualdade, Museos como complemento imprescindible da educación. Primeiros anos nos que ás portas do Museo Arqueolóxico da Coruña, entre os responsables daquel centro albergado no Castelo de San Antón e nenos dos colexios, realizabamos un gran mural facendo memoria de xente ilustre, Lugris, Seoane, Malaspina… algo que quedou prendido despois dos anos.
Nesta ocasión o lema é Museos unindo un mundo dividido e ben que compre tal idea de vencello, de lazo para unir na igualdade, na tolerancia, na democracia, na paz para un mundo dividido pola arrogancia, a vanidade… onde se coida máis o material, a economía…. que o espiritual con canto significa de cultura.
Nesta ocasión AMIGAS E AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA estrea esta nova denominación, sempre cos amelloras ansias, teóricas e prácticas de igualdade.
