Xeira para o domingo 10 de maio que nos levará, seguindo o río Masma por terras de Alfoz, as do celebre señor medieval Pardo de Cela, para seguir cara San Martiño de Mondoñedo e furar na historia do bispo Gonzalo, que afundiu barcos viquingos coa simple mirada… Era iste o Convento Máximo, unha das colectividades cristiáns máis antigas da península Ibérica, a que recibiu ao Maeloc bretón… Continúa o Itinerario pola beiramar de Foz e os seus castros, Burela, as factorias de Sargadelos, as ruinas da Ilustración e as creadas nos anos setenta por Díaz Pardo e aquel grupo de intelectuais da emigración arxentina e galegos que esperanzados daban dignidade e moderniade recreando sobre códigos e formas da tradición galega… finalmente paseo por Viveiro e retono pola serra do Galiñeiro e o Xistral… E coma sempre o xantar enxebre que xa caracteriza estas andanzas.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


