O pasado venres, 17 de abril, finou na Coruña, o que foi secretario do noso colectivo, Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, Ernesto Pérez Ramil. Vida truncada por unha enfermidade de difícil prognóstico, así no lo anunciaba él con exemplar resignación. Fonda pegada deixa en nós: sempre a pé de obra, do dito axiña ao feito, desexando servir a cambio de nada. Actividade ralizada dende moitos anos atrás, mesmo dende aqueles seus anos de estudo en Compostela, finais dos oitenta, formándose en Museoloxía, facendo prácticas no Museo Arqueolóxico da Coruña e sumándose a aquelas nosas ansias de querer contribuír a facer un museo de actores, máis que de espectadores. Ante a falta de espazos creando actividades itinerantes pola Rosa dos Ventos de Galicia, creando o colectivo de Amigos dos Museos de Galicia, con ilusión, aventurándose e conseguindo adquirir un espazo propio no corazón da Cidade Vella, Portas Ártabras. Sabendo e espallando o que é un museo, idea hoxe que tanto se usa á lixeira e chámase museo a calquera colección ou reunión de cousas.

Guiado pola súa profesionalidade, tratando de crear empresas de xestión cultural, especializándose, sabendo do cambiante labirinto burocrático das administracións para esas ansias de difusión, fin que el pretendía dende o asociacionismo cultural co que participaba.
Imprescindible, especialista no universo do xadrez, con canto significa tan sabio e intelixente xogo, na súa historia, na súa práctica, no seu ensino en Galicia.
Moito lle debemos a Ernesto, terémolo presente sempre, pola súa positividade, pola súa lealdade, sabendo envolver os problemas nunha lección resolta.
Compartimos cos seus pais e os seus irmáns, bos amigos da nosa causa, a máis forte e animosa aperta. Deixando ao pé da súa sepultura, no camposanto de As Pontes de García Rodriguez, un ramallo de nostalxias do amigo inesquecible.