Iste vindeiro domingo, 26 de Abril temos en programa unha xeira a Terras de Ortegal, tan caracterizadas a nivel universal pola súa excepcional xeoloxía, como pola súa historia, etnografía e cultura. Con visita a San Andrés de Teixido, afondando nas súas lendas en relación co Trasmundo, seguindo pola Serra da Capelada, entre as greas de bestas bravas, cos máis sorprendentes miradouros e garitas apuntando ao mar…e xa o Cabo Ortegal co santuaro de San Xiao de Trebo cristianizando cultos mariños romanos… A vila mariñeira de Cariño, Ortigueira cas súas casas de “americanos”… Ladrido, aldea do célebre “cura reloxeiro”…. Espasante e o seu Castro. Terra céltica por excelencia…. Bares, os acantilados de Loiba co banco de tanta sona “o máis bonito do mundo”…. e máis.
E como xa nos caracteriza tampouco faltará o xantar enxebre no máis axeitado punto mariño, en Espasante.
Aínda que esta xeira está completa, podes anotarte igualmente, xa que xuntamos máis interesados pode repetirse en outra data. Anótate, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


