O domingo 12 de abril, realizaremos esta xeira que nos levará ao concello de Allariz, esta vez a fin de particularizar e coñecer o máis significativo do seu rico e variado patrimonio cultural. Tal como o complexo arqueolóxico de Santa Mariña de augas santas: o Castro de Armeá e o seu inmediato Pozo da Santa, a Igrexa coa tumba da Santa Martir, pozo romano da capela de Santo Tomé, a fonte milagreira e o ancestral carballo…
Continuando á tarde para visitar a vila, coñecer a súas tradicións festivas, como a Festa do Boi e Xan de Arzúa, a que se remota ao sc. XV e á celebración do Corpus… os seus espazos museísticos e o seu xeito de xestión, referente en Galiza: curtidoiros, muiños, museo do xoguete, de Arte Sacra… Vila do Arnoia moi en relación coa formación de Alfonso X, como co caso do mítico Home Lobo, con Vicente Risco, co fotógrafo de Vangarda José Suarez ou con Alfredo Conde, entre outros, de espazos para realizacións cinematográficas, como foi para José Luis Cuerda en “A lingua das Bolboretas”.
E como xa nos caracteriza tampouco faltará o xantar enxebre en lugar representativo. Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
