O sábado 21 de marzo teremos unha xeira especial para coñecer Monforte e os seus arredores. Xeira cunha detida visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia. Sobranceiro conxunto distinguido entre o patrimonio industrial europeo, inaugurado no 2001: depósitos, rotonda, talleres, fragua, dormitorios de ferroviarios… locomotoras, coches de viaxeiros históricos, coleccións… Recorrido pola cidade, capital da terra de Lemos, presidida polo torreón e o convento de San Vicente del Pino. Ribeiras do Cabe co convento das Clarisas, o Colexio do Cardenal… Urbe caracterizada pola familia dos Castro, condes de Lemos, unha das liñaxes máis influintes da fidalguía galega, condes, virreis, cardenais…. Así como un paseo polo entorno, lembrando ao Poeta Manuel María e a Saleta que viviron aquí, así como ao poeta monfortino Lois Dieguez. Cunha detida visita á Pazo de Tor, pazo que conserva o espírto renacentista, casa dos Taboada e Zúñiga…
Xeira na que non faltará un xantar enxebre en lugar representativo deste centro da Ribeira Sacra.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


