
O sábado 7 de marzo terá lugar esta xeira que nos levará pola bocaribeira de Amoeiro, á Trasalba co pazo de Otero Pedrayo, pazo de Vilamarín, ao mosteiro cisterciense de Oseira, as terras de Cea, Maside, Punxín, o Carballiño…. Unha xornada intensa para coñecer aspectos vertebráis dunha xurisdición que no medievo se coñeceu comoTerra de Castela, veciña de Orcellón (O Irixo). Parte importante da historia da cultura galega. Algo que faremos a través de aspectos da vida e da obra do xeógrafo, historiador e gran escritor da Xeneración Nós, Ramón Otero Pedrayo. Figura sempre moi presente no espírito que move a actividade de Amigas e Amigos dos Museos de Galicia, onde a Guía de Galicia e o Ensaio da Cultura Galega da autoría deste literato ourensán son fundamentais.
Así que este ano 2026, cando a 10 de abril se cumple medio século da morte de tan egrexio escritor na súa casa de Ourense, non deixaremos de telo aínda máis presente. Comezando por esta (xa primaveral) xeira de tempo de mimosas. E como xa nos caracteriza tampouco faltará o xantar enxebre.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
