XOVES 26 DE FEBREIRO: ASEMBLEAS XERAL E EXTRAORDINARIA


Moi da nosa estima:

Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ a:

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

que se desenvolverá o xoves, día 26 de febreiro de 2026, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga – 22.

A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
  2. Memoria de Actividades desenvoltas no 2025.
  3. Balance de Gastos e Ingresos do ano 2025.            
  4. Actuacións para o 2026. Proposta de actividades e novas publicacións.
  5. Orzamentos do 2026. 
  6. Suxestións e Preguntas.

Deseguido darase paso á:

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA. ELECCIÓN XUNTA DIRECTIVA

  1. Presentación de candidaturas á Presidencia e Xunta Directiva.
  2. Votación e elección de Presidencia e Xunta Directiva polo período de catro anos.
  3. Votación e aprobación do cambio de denominación da asociación a: Amigas e Amigos dos Museos de Galicia.
  4. Votación e aprobación da Reforma dos Estatutos de Amigos dos Museos de Galicia.
  5. Votación e aprobación para a creación da Fundación Amigas e Amigos dos Museos de Galicia.

Agardamos a súa presenza e participación nesta xuntanza en “Portas Ártabras”.