DOMINGO 15 DE FEBREIRO: XEIRA DA AVENTURA AO ENTROIDO GALEGO


Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2026, que será o domingo de Entroido, 15 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademais o almanaque festivo deste tempo, as variedades de máscaras e rivalidades parroquiais, así como o contexto cultural e paisaxístico da zona ou zonas a visitar.

Festa de Entroido que significan Galicia polas súas singularidades e competitiva rivalidade, con máscaras, disfraces e ritos que aunan tradicións prehistóricas, antigas, medievais, xunto coa creatividade e a actualidade. Sairase ás nove e regresaremos doce horas despois. 

Anótate xa en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 de luns a venres de 19 a 21 horas. Insistimos en que istes nosos tempos – e para mellor respostar ás ansias de facer as cousas como queremos e se merecen – requiren reserva con antelación suficiente. Grazas pola vosa confianza e lealdade ás nosas actividades… e moi de corazón.