XOVES 5 DE FEBREIRO: HOMENAXE A ÁNXELES PENAS NA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES


O xoves 5 de febreiro, ás 19:30 horas terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor, 1) unha homenaxe á poeta Ánxeles Penas García.

No acto participarán: Xavier Seoane, Soledad Penalta, Carlos Pereira, Pedro Abeledo, Marta Pardo de Vera, Felipe -Senén e a homenaxeada; Ánxeles Penas.

O acto contará co acompañamento musical de Mijail Moriatov.

Encontro no que se incidirá na cotián constancia, na normalidade desta creadora literaria, artísta multidisciplinar, crítica de arte, profesora, mesmo como humilde alumna ou simple espectadora, sempre ansiosa de aprender. Sobre todo pola súa mensaxe e compromiso en relación con canto bo poda realizar o ser humano, esa parte case sobrenatural que nos interrelaciona: a palabra e a arte, isto é o humanismo.

Entrada libre ata completar aforamento