VENRES 30 DE XANEIRO: PRESENTACIÓN DE “ROMPENTE” DE ANA LÓPEZ


O venres 30 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo poemario de Ana López titulado “Rompente”, editado por Endymion. Da presentación do libro faranse cargo a propia autora máis Monserrat Yoldi.

Entrada libre ata completar aforamento.

Ela noitámbula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa dos Ventos do noso corazón.

Manuel Antonio

A última onda emerxe do fondo da alma despois de sobrepasar todas as tormentas que ameazaban con desfacela.

Chega ata nós no ambiente sereno do amencer despois de vangabundear polos arrecifes da noite, extraviarse nos areais da soidade, demorarse na illa dos soños, borrar todos os pesadelos e medos que tentaban extraviala.

É unha onda tardía que se presenta pola súa conta sen pedír permiso, fragmentada na escuma dun rompente coa firme decisión de volver ao mar.