O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda… non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras… e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra cunha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos, home do saco, cargado de sorpresas… a Galiza das encrucilladas e dos portos, enriquecida de símbolos, ofréceos e melloroas nas súas celebracións.
Así que o que toca agora, cando pechamos un ciclo e abrimos a outro co Nadal, entre vilancicos e panxoliñas (que máis galegos deberan ser) é desexar que se aprenda a lección de que camiños retomar, que son os da igualdade, o respecto ao medioambiente que nos soporta. Desexar o mellor, sen abandonar a maxia dos Magos, da Terra Meiga, a poesía das estrelas: sorte, saúde e sobre todo esa Paz que os anxos pregoban denriba de Belén, hai xa 2026 anos… anacos desa lección que atopamos nos museos, os que, ao fin e ao cabo, gardan memoria do que somos.
Coas mellores ansias e desexos para tod@, e maís aínda para os que confian en nós, nos entregan a súa lealdade, nos acompañan nesa aventura das xeiras para coñecer canto nos arrodea e que tamén nos arroupan participando nas actividades dunhas portas abertas á palabra, á arte, á tolerancia, as de Portas Ártabras. E coma sempre, na segunda metade de Xaneiro ofreceremos o programa de actividades e xeiras por aquí e por acolá.
Sempre
Directiva de Amigos dos Museos de Galicia


