O sábado 20 de decembro terá lugar a xeira especial de fin de ciclo anual 2025. Nesta aocasión para coñecer a cidade de Vigo e os seus museos. Tempo especial que abre ao Nadal e no que a cidade se ilumina de xeito singular, recorrido que faremos ao anoitecer polos lugares máis emblemáticos. Si ben pola mañán veremos o Museo de Quiñones de León en Castrelo, un paseo pola arqueoloxía e a historia da cidade. Outro centro a visitar será o Museo do Mar de Galicia, con canto significa para a historia mariñeira deste confín que emproa ao Atlántico, tratando tamén de visitar O Verbum, un centro arredor da palabra no tempo das novas tecnoloxías e da comunicación. Tamén nos achegaremos ao MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), o seu contiennte aproveitando a vella cadea e os seus contidos… entre outras iniciativas, que nos levarana a facer un paseo polo casco vello da cidade, rehabilitado e revitalizado.
Como nos caracteriza, non faltará o típico xantar enxebre. Podes anotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


