LUNS 1 DE DECEMBRO: CHARLA-COLOQUIO DO ATENEO REPUBLICANO DE GALICIA CON MANUEL CRUZ, AUTOR DE “RESABIADOS Y RESENTIDOS”


O luns 1 de decembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras, unha charla – coloquio organizada polo Ateneo Repúblicano de Galicia (ARGA) con Manuel Cruz, catedrático de Filosofía Contemporánea, autor de máis dunha treintena de títulos (algúns deles traducidos a outros idiomas) e compilador de casi unha quincena de volumes. Presentará o libro: “Resabiados y resentidos. El eclipse de las ilusiones en el mundo actual.”

Participarán no acto:

  • Manuel Cruz: Catedrático de Filosofía Contemporánea (UB), Senador, Presidente da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas
  • Francisco Caamaño Rodríguez: Catedrático de Dereito Constitucional (UDC)
  • Alberto Sucasas: Profesor de Filosofía (UDC)
  • Cándido Barral Alvarellos: Xornalista

Entrada libre ata completar aforamento.