Esta aberta a inscripción para participar nesta xeira que se celebrará o domingo 16 de novembro “Día Mundial do Patrimonio Cultural”, e que levará aos asistentes a coñecer os inspiradores misterios de Mondoñedo e da súa bisbarra: a súa Catedral e museos, as novas iniciativas en relación co creador literario Álvaro Cunqueiro. Para seguir cara Vilanova de Lourenzá e adentrarse en historias do Conde Santo, de Pardo de Cela, do sorprendente relicario dese magnífico templo e mosteiro no que Casas Nova ensaia a fachada do Obradoiro Compostelán… E nas horas da tardiña seguir os antigos camiños célticos, os que no século VI fixo o bretón Maeloc, os vieiros de Bretoña…. cara a Meira.
E como sempre non faltará o xantar enxebre, conversas con xente singular, historias e fantasías arredor de adros, corredoiras e cimeterios onde os vivos saben dialogar coas fantasmas do Trasmundo. Léase a Cunqueiro.
