O mércores 29 de outubro terá lugar o acto de entrega do Premio Pedra do Destino 2025 ao Museo do Pobo Galego. Con saída ás 16:00 do Obelisco. Actividade gratuita para os asociados.
Tarde na que faremos unha visita especial a Compostela, a Santos Domingos de Bonaval, espazos que albergan o Museo do Pobo Galego, aberto ao público dende 1976. A continuación e nun breve acto faremos entrega do PREMIO PEDRA DO DESTINO 2025 co que o noso colectivo quere distinguir e agasallar a esta institución polo seu traballo e misión exemplar en canto significa a recolleita de materiais da tradición popular, polo seu estudo, conservación e divulgación por todas as canles posibles e normas museolóxicas.
Nesta ocasión o premio consiste na entrega dun cartel de cego orixinal, de principios do seculo XIX, sobre o caso dun mozo e dunha moza namorados, con final dramático… como un Romeo e Xulieta… Peza e historia da que dá conta o escritor Martinez Oca.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
https://oschanzos.blogspot.com/2017/04/carteis-de-cego.html
