MARTES 21 DE OUTUBRO: “SOFÍA CASANOVA E O SEU TEMPO”, PALESTRA DE CHARO MARTÍNEZ (O FACHO)


Desde a Agrupación Cultural O Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025.

O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: “Sofía Casanova e o seu tempo”

Data: 21 de outubro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Mª Rosario Martínez (Charo) é Licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola USC, exercendo de profesora de Lingua e Literatura española no Ensino Secundario durante máis de 35 anos. 

Iniciou as súas investigacións no ano 1984, cando se aprobou no claustro a proposta de pór o nome da escritora Sofía Casanova ao daquela Instituto de Ensinanza Media “Camilo Alonso Vega” de Ferrol, no cal tiña o seu destino como Profesora numeraria de Lingua e Literatura Española. A súa tese de doutoramento, publicada en 1999, titulouse Sofía Casanova. Mito y literatura.

As publicacións de Charo son innumerábeis, sempre arredor da figura de Sofía Casanova e o seu tempo, as súas relacións, actividades, viaxes, así como a súa vida en Polonia, onde a investigadora encontra un espazo ideal para seguir a desenvolver o seu traballo.Na palestra se abordará a azarosa vida e fecunda obra de Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña 1861), escritora de novela e teatro, poeta e tradutora políglota, que chegou a ser proposta para o Nobel de Literatura e foi a primeira reporteira bélica española, que contou catro guerras a pé de trincheira e relatou a revolución rusa de 1917.