O domingo 26 de outubro terá lugar esta xeira que nos levará pola peninsula da Barbanza: a gran riqueza arqueolóxica, artística de Noia e das ribeiras do Tambre, para seguir cara Porto do Son e o Castro de Baroña… Lembrando a historia de Ramón San Pedro e o itinerario da rodaxe de Mar Adentro… Ribeira, Palmeira, os miradores da Curota… a Pobra do Caramiñal…e tantas historias vencelladas á vida e á obra de Valle Inclán… Boiro e o Castro do Neixón… para rematar en Rianxo, lembrado a Paio Gómez Chariño, a Castelao, a Dieste… Unha xornada intensa para coñecer aspectos vertebrais da historia da cultura galega, e como xa nos caracteriza tampouco faltará o xantar enxebre.
Anótate, canto antes, en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
