O xoves 16 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun audiovisual arredor da figuara de Diego de Velázquez, pintor barroco español considerado un dos máximos expoñentes da pintura española e mestre da pintura universal.
Nado en Sevilla o 6 de xuño de 1599 e finado en Madrid o 6 de agosto de 1660, xeralmente referido como Diego Velázquez, foi un pintor español, o principal artista da corte de Filipe IV de España e do século de Ouro español, e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Sobresaíu en retratos de gran realismo e penetración psicolóxica, entre outros da familia real, á que tiña acceso en calidade de pintor da Corte. Tamén creou escenas históricas e mitolóxicas.
