O xoves 25 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia pronunciada por José Carlos Alonso (cronista gráfico da Coruña e creador do proxecto “Flujos”), titulada: “RIAZOR” que xirará arredor dunha das súas últimas publicacións ilustrada con fotografías antigas e modernas: “Riazor fue…”.
Tras a “divisa” Riazor ampárase un mundo rico en experiencias para os coruñeses e non coruñeses. Non en balde foi (é) un dos lugares moi frecuentados polo turismo que nos visitaba.
Nas súas orixes era un lugar no que se relacionaban o máis selecto e o máis humilde da urbe: os burgueses que visitaban as súas casas de baño e os seus areais nos que tamén desenvolvían a súa actividade os pescadores.
Chegou o deporte ao lugar cos sucesivos estadios de fútbol e polideportivos. Pero tamén recalaba en Riazor o circo! maxia para os nenos.
A cultura tamén tiña o seu nome propio Riazor, no cinema que foi o máis espectacular da cidade. E moita máis cultura (concertos, danza…) paseouse polos interiores do palacio dos deportes.
Indubidablemente os grandes “espectáculos” de masas sempre foron os partidos de fútbol e os bos día de verán, que aí seguen.






Actividade subvencionada por:
