O xoves 4 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha interesante conferencia arredor do Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume: “UNA MIRADA AL MONASTERIO DE CAAVEIRO Y SU ENTORNO NATURAL; AS FRAGAS DO EUME”, pronunciada polo arquitecto e doutor en Historia da Arte José Manuel Yáñez.
Entrada libre ata completar aforamento
Situado nun montículo rochoso entre os ríos Eume e Sesín, na Fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ao longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertenceu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
A Deputación da Coruña e os Concellos onde se sitúan as Fragas do Eume e o Parque Natural están a realizar diversas actuacións para a posta en valor deste Parque Natural, onde se atopa situado o Mosteiro de Caaveiro.

Actividade subvencionada por:
