Xeira especial e tradicional no noso colectivo pro tempo de verán. Xornada na que nos adentraremos no Courel polo Alto do Boi, os Vilares, Santa Icía, Folgoso…. e coma tantas veces as aldeas de Seceda e Sobrado, tan repsentativas desta serra lucense. Minas de ouro en tempos romanos, castros, soutos, vellas ermidas e solitarios camposantos… Non deixaremos de entrar nos predios que foron do poeta Novoneyra en Parada, hoxe Fundación onde sempre somos recibidos polos seus como vellos amigos que somos… Retorno polo Cebreiro, significado punto no Camiño Francés… de interese polas pallozas, as lendas de Arturo e o Grial, o miragre eucarístico.
E non faltará o xantar enxebre, da serra xunto co viño de Valdeorras…. e de postre torta de castaña e queixo do Cebreiro. Un día pra entrar nas esencias poéticas da serra galega. “Serra, antiga herencia”
A xeira do día 7 de setembro xa está completa, pero podes anotarte en espera ou se xuntamos as persoas necesarias repetiríase en outra data.
Podes anotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.
