DOMINGO 27 DE XULLO, XEIRA A PONTEVEDRA: MUSEO, PAZO DE LOURIZÁN, MOGOR…


O domingo 27 de xullo realizaremos esta xeira que nos levará á cidade de Pontevedra, onde faremos unha especial visita ao seu Museo, institución, sobranceira na Galiza, con impresionantes coleccións de arqueoloxía, pintura e escultura, ademais da maior parte da obra orixinal de Castelao. Recorrido que supón un paseo pola Historia da Cultura Galega. Visita á cidade do Lérez que complementremos coa do Pazo de Lourizán, mansión de sensibilidade romántica, arquitectura de Jenaro de la Fuente Domínguez (pai) que foi do ministro Montero Rios. Rercorrido que pasando por Marín levaranos a visitar os petróglifos de Mogor, entre eles o célebre labrinto que nos pon nos fins da idade do Bronce, sobre o 1.000 a.C. A última hora da tarde adentrarémonos entre as luces e as sombras do célebre mosteiro mercedario de Poio: o seu claustro, museo e solemne Igrexa barroca coa tumba da Santa Trahamunda, unha das cen doncelas entregadas ao Islám, patrona da emigración e “Santa da morriña”… Recorrido no que se incluirán outros puntos que o tempo (climatolóxico e cronolóxico) permitirán realizar. E como sempre non faltará o xantar enxebre, neste caso en lugar pintoresco da beiramar pontevedresa. Esperámoste.

Podes anotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.