MÉRCORES 18 DE XUÑO: O ESCULTOR JOSÉ OTERO GORRITA


O mércores 18 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro “Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro” de José Luis Otero González. No acto amais o autor participarán: Francisco Javier Martínez Prieto, José Veiga Golpe e Felipe – Senén López Gómez.

“Transcorridos 7 anos desde que naquel 30 de xuño do ano 2017 no que con ocasión dunha visita á localidade coruñesa de Noia e en concreto á igrexa dos Pais Franciscanos, atopeime cun Retablo Maior que pola súa grandiosidade e policromía chamou poderosamente a miña atención. A información que había na propia igrexa relativa a súa historia databa a construción no ano 1926 e a súa autoría obedecía ao escultor compostelán Dº José Otero Gorrita. Con posterioridade, e atendendo a indicacións dun membro da comunidade relixiosa, puiden comprobar que na súa parte inferior esquerda estaba gravada a seguinte inscrición “José Otero Fecit 1926”. Co único obxecto de coñecer, documentar e fotografar a obra deste escultor/ornamentista deu comezo este traballo, para que algún día os seus netos, bisnetos e demais poidan coñecer o alcance da súa produción artística, que polos coñecementos que sobre ela tiña, intuía debía ser importante e ao mesmo tempo escasamente coñecida. No transcorrer destes anos de traballo, puiden comprobar a importancia da súa obra, tanto en calidade artística como en volume, chegando a varias Comunidades Autónomas ademais de Galicia.”