MARTES 17 DE XUÑO, ESTUDIO DE TEATRO CASAHAMLET PRESENTA: “NESTE FEBLE TEMPO DE FRAUTISTAS”


O martes 17 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras, o estudio de Teatro Casahamlet representa o traballo “Neste feble tempo de frautistas”, unha obra grupal baseada en textos de diferentes autores: Fernando de Rojas, Álvaro Cunqueiro, Ángel González, Manuel Lourenzo, Fernando Castro, W. Shakespeare e B. Brech.
Trátase do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández.

Entrada libre ata completar aforamento.

O Estudio de Teatro Casahamlet foi fundado na Coruña en 1998 por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Cunha metodoloxía baseada na práctica escénica e a exploración do texto teatral, Casahamlet consolidouse rapidamente como un espazo fundamental para o desenvolvemento artístico de múltiples xeracións de intérpretes en Galicia.

O centro aposta por unha ensinanza rigorosa e personalizada, adaptada tanto a persoas que buscan perfeccionar as súas habilidades como a aquelas que se inician no mundo do teatro.

Grazas a este traballo continuado, o Estudio Teatral Casahamlet segue sendo, máis de dúas décadas despois da súa fundación, un punto de encontro imprescindible para a cultura teatral galega.