Xeira que nos adentrará nas veciñas terras asturianas de Navia, a fin de coñecer non somentes aspectos da súa Arqueoloxía, Historia, Arte, tradicións do mar, gastronomía… Tamén o seu exemplar xeito de xestión do patrimonio cultural como recursos identitarios e turísticos. Visita especial ao Castro de Coaña e o seu centro de interpretación, as vilas de Navia e Porto de Vega, carcterizadas polas súas sorprendentes mansións de indianos e pola potenciación museística das súas tradicións e historia… Viaxe que, aproveitando o tempo climatolóxico e museóloxico alongarase a outros puntos das ribeiras do Eo, Navia e proximidades de Luarca.
Non perdas esta oportunidade de sumarte a unha xeira, cultural, lúdica, apropiada para estes días longos e soleados de xuño, á beira do mar, por bosques e entre a frescura de ríos, regueiros ,fervenzas, etnografía e arqueoloxía.
Podes anotarte en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.


