O 18 de maio, “Día dos Museos”, no espazo de cultura “PORTAS ÁRTABRAS”, Amigos dos Museos de Galicia colectivo pioneiro en Galicia, deu a coñecer o PREMIO PEDRA DO DESTINO que neste ano estimaron conceder ao Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas insitucións.
O premio nesta ocasión consistirá na doazón dun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidades. Entrega que se efectuará no outono.
Finalmente Felipe-Senén, insistiu no papel dos museos, como necesario complemento da educación, onde recobrar o diálogo, a igualdade e a liberdade pola paz. Cun refrixerio enxebre e brindis polo mellor futuro para os museos, convidouse aos numerosos asistentes a visitar museos.
Máis información arredor do cartel de cego: https://oschanzos.blogspot.com/2017/04/carteis-de-cego.html?m=1
