DOMINGO 25 DE MAIO: XEIRA A ENTRIMO E TERRAS PORTUGUESAS DE LINDOSO


Podes anotarte a esta intensiva excursión cultural que nos levará ao Sur da provincia de Ourense.  Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata barroca…. bordeando a serra do Soajo, o encoro e a aldea de Lindoso cos seus espigueiros, o máis extenso grupo de cabaceiros… e  sobre deles o Castelo e a súa historia relacionada co Rei Dinis. Antolóxico paseo polos máis representativos escenarios da Historia de Galiza. Bisbarras célebres tamén pola súa gastronomía, a que incluiremos nesta entretida xornada para coñecer, querer e defender o patrimonio cultural de Galiza. Esperámoste.

Anótate en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) ou chamando ao teléfono 981 21 01 01, de luns a venres 19 a 21 horas.